A decisión do SERGAS de non cubrir as baixas nin as vacacións dos médicos do concello de Soutomaior tradúcese en esperas prolongadas para os pacientes. Unha situación que na xornada do luns empeoraba logo de que o único facultativo en servizo tivera que abandonar o centro de saúde para atender unha urxencia. A isto hai que engadir que os nenos do municipio tamén quedaron sen pediatra xa que o SERGAS non cubriu as vacacións. O BNG anuncia mobilizacións en defensa da sanidade pública de Soutomaior.
A situación do centro de saúde de Arcade volveu provocar na mañá do luns a indignación dos pacientes do municipio. Se hai escasos días as alarmas saltaron debido a que as ausencias dos médicos provocaron un colapso con esperas de varias horas, no día de antonte, a situación tornouse máis grave xa que a falta de cobertura do médico de familia houbo que engadir a ausencia do pediatra xa que o SERGAS tampouco cubriu as vacacións.
Pero por se isto fose pouco, explica o nacionalista Manu Lourenzo “unha urxencia obrigou ao único médico que atendía o na mañá do luns a ter que ausentarse polo que o centro de saúde pública ficou sen ningún facultativo durante horas coas esperas e indignación que esta situación trouxo para os usuarios”.
Lourenzo sinalou que ” a situación que estamos a vivir é unha vergoña absolutamente inaceptable que non imos tolerar de ningunha maneira. Intentámolo todo para que esta situación se solucionase, iniciativas no pleno, emendas aos orzamentos da xunta para pedir máis médicos, peticións de reunións co conselleiro e ata unha iniciativa parlamentaria para defender a nosa sanidade e a resposta foi sempre a mesma. O PP de Soutomaior gardar as iniciativas no caixón a Xunta dar a calada por resposta”
Manu Lourenzo concluíu que esgotamos todas as vías e se a única opción que nos deixan é a mobilización, cuxa data anunciarán nos vindeiros días.