Un mozo de 30 anos natural de Santa Cristina de Cobres, Isaac N.F. falecía na tarde de onte logo de que a moto na que viaxaba se saíra da vía no kilómero 6 da estrada que comunica Arcade con Amoedo, á altura de Soutomaior. A Acompañante, de 25 anos, resultou ferida grave e foi trasladada ao hospital Montecelo en Pontevedra.
O accidente producíase pasadas as sete da tarde de onte. A moto Yamaha YZF na que viaxaban os dous mozos en dirección Arcade saíuse de vía. O piloto falecía no sinistro e a moza que ía como acompañantes resultaba ferida de gravidade sendo trasladada a un centro hospitalario en Pontevedra.
Ata o lugar do accidente desprazáronse axentes da Garda Civil de tráfico e dúas ambulancias que nada puideron facer por salvar a vida do piloto.