Na terceira división o Campito FS lograba un reparto de puntos logo de empatar 3-3 co Culleredo. O campito sitúase no decimo primeiro posto da táboa e xoga na vindeira semana na casa dun rival directo, o Villa de Cee situado tan so un posto por baixo na clasificación. Peor lle foron as cousas aos equipos que militan na autonómica sur. Así o Redondela perdía ante o Verinsala nun partido que rematou co resultado de 5-3. Derrota tamén do Arealonga en As neves por 4-2.
Resultados que os relegan aos postos baixos da clasificación. Así o Arealonga é o pechacancelas do grupo e ten na vindeira semana unha cita difícil. Xogan na casa e reciben ao lider o RM Vigo. O Redondela está no penúltimo postos e recibe tamén a outro dos equipos fortes, o Lume, terceiro do grupo.