Trátase dun veciño de Bueu de 35 anos de idade que circulaba pola N-552, estrada que une Redondela con Vigo e que foi detectado polo radar. Este é o segundo caso en menos dunha semana. Hai tan só cinco días outro home de 32 anos e nese caso veciño de Redondela fora cazado a 172 km/h na N-550, nun tramo limitado a 80.
A Garda Civil investiga a un veciño de Bueu, de 35 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade, ao circular nunha motocicleta a 139 quilómetros por hora nun tramo limitado a 50 en Redondela. Os feitos producíronse o sábado ás 20.10 horas, cando un radar detectou ao motorista no quilómetro 3,5 da N-552 en Rande.
O condutor foi identificado posteriormente por Tráfico, que entregou as dilixencias no Xulgado de Instrución de Redondela. Este exceso de velocidade considérase un delito, e pode ser castigados con pena de prisión, de 3 a 6 meses, e con multa de 6 a 12 meses (ou traballos en beneficio da comunidade), así como a retirada do permiso de conducir polo menos por un ano.
Hai cinco días outro home de 32 anos veciño de Redondela foi localizado logo de cometer un delito semellante, ao circular a 172 quilómetros por hora en un tramo limitado a 80 na N-550.