O colectivo Artelixo organiza este xoves unha actividade colectiva na que se busca compartir con grandes e cativos a realización dunha árbore de Nadal e reflexionar conxuntamente sobre o consumo local e responsable. Realizarase tamén un obradoiro no que se transformará unha camiseta nunha bolsa de tea. O xoves ás 17:00 horas na praza Reveriano Soutullo.
Dende Artelixo animan aos veciños a achegarse e participar desta iniciativa que se vai desenvolver na tarde de mañá xoves. O único requisito para participar é levar bolsas de plásticos, que serán reutilizadas para a decoración da árbore de Nadal, e camisetas que no obradoiro reconverteranse en bolsas de tea.