A Concellería de Cultura organiza este domingo unha nova propostas para coñecer o noso patrimonio arqueolóxico. Neste 4 de marzo o percorrido levará aos participantes a coñecer os enterramentos prehistóricos ao norte da necrópole de Chan das Formigas en Monte Penide/Mirallo. Unha vez máis será o arqueólogo Xurxo Constela, da empresa A Citania, o encargado de guiar o roteiro.
Unha actividade de balde que non precisa de inscrición previa. Os que queiran participar deberán achegarse o domingo ás 10:00 horas a Mámoa do Rei, lugar dende o cal partirá o percorrido.
A necrópole Chan das Formigas, tamén coñecida como Cortellos dos Mouros, atópase no límite das parroquias de San Vicente de Trasmañó e Cedeira e alí concéntranse algunhas das mámoas máis salientables deste conxunto arqueolóxico, froito da actividade humana existente no lugar no período que vai do Neolítico ao final da idade de Bronce.