Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR suma e segue

RR_Noticias

As mozas da SAR non defraudaron esta fin de semana e volveron facerse cos puntos en xogo no partido disputado no campo do Meaño. Unha vitoria por 36-46 que mantén ás de Redondela nos postos altos da táboa. Situación complicada para as de Chapela que logo da derrota ante o Cistérniga (26-24) sitúanse na decimo segunda praza da clasificación.

A división de honra prata feminina non se lle resiste as xogadoras da SAR que seguen sumando vitoria. Nesta fin de semana ante o Meaño. Por diante un merecido descanso no que tentará repoñer forzas para enfrontarse o día 8 de abril a un rival directo. Xogaran coas súas inmediatas rivais, o Oviedo. Equipo situado na terceira praza e con tan só dous puntos de vantaxe sobre a SAR, visitarán o pavillón de Redondela na próxima xornada.
Mentres o Cíes obras Civil Chapela vaise de vacacións con peor sabor de boca, logo de colleitar esta fin de semana unha derrota ante o equipo de La Cistérniga. A próxima cita será ademais ante un difícil contrincante. O líder da categoría, o Cleba León.
Na primeira nacional os de Chapela facíanse coa vitoria na súa visita ao campo do Rasoeiro por 25-29. O equipo  mantense na quinta praza e xogará na casa ao regreso deste descanso de Semana Santa. Será ademais cun rival feble, o último clasificado, o Porriño. A Sar pola súa banda caía pro 23-30 ante o Octavio. Na penúltima praza do grupo necesitan sumar puntos para afastarse dos postos de perigo. Na vindeira xornada xogarán no campo do sétimo, o Lavadores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará