No caso de aprobarse esta proposta, que será estudada e debatida nunha asemblea extraordinaria que se celebra o vindeiro domingo día 8, a administración local asumiría a xestión, mellora e mantemento desta infraestrutura deportiva e o seu entorno, pasando así o Concello de Redondela a contar cunha nova dotación deportiva municipal.
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso convoca as comuneiras e os comuneiros a esta asemblea extraordinaria o vindeiro domingo, ás 10 h en primeira convocatoria e ás 12h en segunda. A asemblea celebrarase na Sociedade de Agricultores do Viso e trataranse dous puntos extraordinarios. Por un lado lévase na orde do día a cesión de dita parcela comunal do monte da Gándara, onde se sitúa o campo de fútbol, ao Concello de Redondela. Por outra banda, lévase tamén a proposta da cesión dunha parcela de monte veciñal, no Monte Outeiro Grande, para aproveitamento de pastos mediante explotación de gando caprino.