Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferida grave unha veciña de Redondela logo de ser atacada por dous cans de raza perigosa

RR_Noticias

Os feitos tiñan lugar pasadas as doce do mediodía cando a muller,  D.L.F. de 62 anos de idade, era atacada por estes animais que estaban na rúa cando ela intentaba metelos na casa da súa propietaria, na zona de Pousadouro en Reboreda. Os seus berros pedindo axuda alertaron a un dos alumnos do obradoiro de Pousadouro que socorreu a muller resultando tamén ferido. Ambos os dous foron trasladados ao hospital Alvaro Cunqueiro.

A muller ferida grave presenta importantes mordeduras nas pernas. Con todo, as feridas puideron ser peor de non ser por un dos alumnos que participa no obradoiro de emprego que se imparte no pazo de Pousadouro. Explica o concelleiro de Interior, Arturo González, que o mozo I.A.S.S. de 37 anos ao escoitar os berros da muller pedindo auxilio acudiu a socorrela, logrando que os animais deixaran de morder a vítima. Na súa acción resultou ferido polo que tamén foi trasladado ao Hospital Alvaro Cunqueiro, aínda que as súas feridas revestían menor gravidade.
Dáse a circunstancia de que os animais coñecían á vítima, xa que ela adoitaba achegarse ata alí a darlle comida. Os cans son propiedade dunha parella que reside no lugar e estaban fóra da vivenda. Todo apunta que terían atacado a muller cando esta tentaba agarralos para conducilos ao seu domicilio.
Os animais, dous rotwaillers, considerados raza potencialmente perigosa, permanecen custodiados e en corentena na casa do dono.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará