O sorteo da lotería primitiva celebrado onte deixou o seu prmeio máis alto na parroquia redondelá. Un despacho de lotaría de Chapela validaba o único boleto acertante de primeira categoría, que recibirá 1,55 millóns de euros (antes de impostos) grazas aos números elixidos: 4, 11, 25, 36, 40 e 49, complementario o 26 e o reintegro no número 1.
A persoa que validou este boleto no despacho de lotería ubicado no Camiño de Oliveira obtivo exactamente 1.554.316 euros ao converterse no único acertante de primeira categoría (seis acertos) segundo informou Loterías e Apuestas del Estado.
Para o próximo sorteo hai un bote de 22,2 millones.