Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de “delpilfarro” o gasto de 20.000€ en dúas cortinas para o pavillón de A Marisma

RR_Noticias

Os nacionalistas critican ao goberno local por incluír este investimento no Plan Concellos da Deputación. Explican que se trata dunha partida de 19.360 euros para dúas cortinas para esta infraestrutura deportiva. Un gasto que cualifican de “derroche” e que vén sumarse a outra compra que entenden excesiva, a adquisición dun piano de cola cunha partida de 38.000 euros, tamén con cargo a achega procedente da Deputación.

Novamente con cargo ao Plan Concellos da Deputación, do que Redondela disporá de 1.172.000€, o goberno municipal de Redondela fará fronte a unha “urxente adquisición”, en palabras do concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González “unha partida de 19.360€, para dúas cortinas para o pavillón de A Marisma.
Para o BNG este tipo de investimentos demostra “novamente que esta colaboración da Deputación sérvelle ao goberno de Javier Bas para adquisición de bens irrelevantes. Existen outras prioridades nas que se deberían investir estas axudas: dende melloras na accesibilidade en edificios públicos, saneamento, abastecemento de auga, seguridade viaria, recuperar a antiga Casa do Mar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará