A SAR Plastic Omnium logrou imporse na súa visita ao campo do Saeplast Cañiza ao vencer por 23-25. Unha vitoria en todo caso insuficiente para manterse na categoría de Primeira Nacional ao despedir a tempada no penúltimo posto da táboa con tan só 14 puntos no seu haber. O Chapela impúxose ao líder, o Acanor Novás, no último encontro da tempada.
O Rodosa Chapela logrou facerse coa vitoria no encontro disputado no pavillón da parroquia ante o líder da categoría, o Acanor Novás. Ao descanso gañaban de sete (18-11). Na segunda parte o Novás presionou un pouco e achegouse pero non puido co Chapela que lograba o definitivo 28-24. Despide así a tempada na cuarta praza da categoría.