Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco gaña con remontada ao Barbadás

RR_Noticias

Os goles dos redondeláns Rícar e Pablo Couñago deron o triunfo ao Choco. Na fase de ascenso a Segunda Autonómica o Cesantes pasou á última ronda ao gañar ao Soutomaior na eliminatoria.

 
Tereceira División

Choco 2-1 Barbadás
O Choco remontou onte o gol inicial do Barbadás nun partido con dous tantos de xogadores redondeláns: o canteirán Rícar e o veterano Pablo Couñago. O partido comezou sen demasiadas accións de perigo nunha xornada de sol e altas temperaturas en Santa Mariña. Pasada media hora de xogo chegou a primeira ocasión para o Barbadás cun córner que aproveita Martín Fernández e que adianta aos ourensáns. Logo do descanso melloraron as cousas para os locais. Saíron Óscar “Chiqui” e Félix, e o equipo gañou en profundidade. No minuto 50 Ronald puxo o centro desde a súa banda, rematou Pablo Couñago, rexeitou Carlucci e Rícar aproveitou o rexeite para empatar. Na seguinte acción de perigo do Choco, sería o canteirán o que asistía a Couñago, que se adiantou á defensa para rematar a gol. Así, en dez minutos, o Choco remontaba o gol do Barbadás que, coa derrota, practicamente certifica o descenso a Preferente. Cos tres puntos, o equipo de Marcos Montes está situado na novena posición a falta dunha xornada na que visitará ao Compostela, campión da categoría.
Segunda Autonómica

Choco B 1-3 Tyde
O filial despídese das opcións para meterse na fase de ascenso logo da derrota ante Tyde . Os redondeláns visitan na última xornada o campo do Tomiño, situado tamén na metade da táboa.
Arcade 2-3 Cuntis
O Arcade xogarase o ascenso ante o Sampayo logo da derrota ante o Cuntis, líder do grupo e que ascende directamente a Primeira. No partido disputado onte Nordine adiantou ao Arcade, pero Juan empataba para o Cuntis aos poucos minutos, e logo Buchi e Ángel ampliaban distancias para o líder. Fom reduciu a vantaxe co 2-3 que sería xa definitivo.
Fase de ascenso

Soutomaior 0-1 Cesantes
O Cesantes avanzou ata a última ronda ao impoñerse pola mínima ao Soutomaior no campo do Cabalo, en Vilaboa. Isaac foi o autor do gol redondelán, e malia que o Soutomaior tivo varias ocasións claras de gol, non estivo acertado. O Cesantes está agora a só unha victoria de conseguir o ascenso.
Fútbol Sala Terceira División

Talleres ABC Coruxo 5-7 Campito
Os de Chapela impuxéronse en Coruxo ao Talleres ABC, e mantéñense nunha cómoda 10ª praza a dúas xornadas de rematar a liga. O penúltimo partido será o sábado en Chapela ante o Rececende, equipo situado un posto por riba dos redondeláns.
Academia Red Blue 5 Coruña 4-3 Pazos
Os de Fran Amoedo non puideron contra un impredecible 5 Coruña F.S., e afástase da segunda praza, queda a catro puntos a falta de dúas xornadas. O penúltimo partido xogarano o sábado na casa, ante o Santa Isabel, equipo da metade da táboa. Ás 19.00 horas.
Preferente Sur

Bembrive 6-5 Redondela
O Redondela segue cómodo en postos de permanencia malia a derrota en Bembrive. Na próxima xornada reciben a un equipo complicado, o Vincios Cereixa Gondomar, 3º clasificado e que busca o ascenso.
Arealonga 3-5 Mariñamansa
Os de Chapela seguen en postos de descenso logo da derrota ante o Mariñamansa, e están practicamente sen opcións de salvación. O sábado xogan na pista de Os do Val, cos que están empatados a puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará