Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ribeira, Samertolameu e Tirán impóñense na I Bandeira de Trañeiriñas Concello de Redondela

RR_Noticias

A primeira Bandeira Concello de Redondela de Traiñeiriñas disputouse onte en augas do paseo de Cardona coa participación de máis de corenta embarcacións. Previamente celebrouse a regata de Traiñeiras da liga de Veteranos onde gañou Samertolameu, co C.R. Chapela en segunda posición.

Na proba de traiñeiras, organizada polo Club de Remo Chapela, os podios estiveron moi repartidos. En absoluto feminino impúxose o CR Nautico de Ribeira, Con Coruxo e Vilaxoán na segunda e terceira posición respectivamente. O barco de Chapela foi sexto. En xuvenil masculino Samertolameu acadou a primeira posición, con prata para Amegrove e bronce para Vilaxoán. Nesta categoría destacou tamén o club de Cesantes, que se fixo coa 5ª e 6ª praza cos dous barcos participantes. No absoluto masculino a SD Tirán subiu ao máis alto do podio, con Samertolameu e Vilaxoán coo 2º e 3º clasificados. Previamente celebrouse unha regata de Traiñeiras da liga de Veteranos onde a SD Samertolameu impúxose ao C.R. Chapela, que foi segundo, o Club Remo Ares que rematou terceiro, e o Club de Remo Rianxo na cuarta posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará