O Bloque inicia esta semana unha campaña de recollida de sinaturas para defender a sanidade pública no concello de Soutomaior. Esta actividade encádrase nas diferentes iniciativas que o BNG está levando adiante en defensa da sanidade pública do municipio e que se concretan en mobilizacións, convocatorias de plenos, iniciativas parlamentarias e mesmo emendas aos orzamentos da Xunta.
Esta campaña ten por obxectivo poñer de manifesto a demanda veciñal que existe para solucionar as carencias da sanidade pública no concello. Demandas como a falta de médicos e persoal auxiliar que padecen no municipio polo que fan un chamamento a toda a veciñanza para que asine en defensa da sanidade pública.
A campaña de recollida de sinaturas realizarase de dous xeitos, por unha banda, unha recollida de firmas en papel que os membros da organización realizarán por cada barrio do concello e pola outra unha campaña en soporte dixital a través da plataforma change.org.
Dende o BNG tamén denuncian o o que cualifican de “silencio cómplice do alcalde de Soutomaior” xa que dous meses despois de que se aprobara no pleno unha iniciativa que obriga ao alcalde a solicitar unha xuntanza dos tres portavoces corporación co conselleiro de sanidade “esa reunión sega sen ser convocada”.