Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica o “anuncio electoral” de Javier Bas sobre o traslado da depuradora

RR_Noticias

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González enmarca este anuncio nunha “campaña de mellora de imaxe do alcalde de Redondela” que segundo el non está pasando polos seus mellores momentos o que “forzou a unha visita protocolaria por parte do titular da Vicepresidencia da Xunta, Alfonso Rueda”. Instan os nacionalistas ao rexedor local a reclamar “promesas electorais do pasado como o Patio Cuberto do Colexio de Santa Mariña”.

Entenden no Bloque que “a proposta do traslado da depuradora dende o casco urbano a algunha das parroquias é un anuncio electoral en plena precampaña” e rexeitan o que “se estea a xogar cos veciños e veciñas, afectados por esta problemática”. Afirma que Javier Bas ten na súa man a posibilidade de concretar en que lugar quere construír esta infraestrutura. “No borrador do Plan Xeral, principal instrumento de ordenamento urbanístico para a Redondela do vindeiros vinte anos, pode formular a súa proposta”.
Segundo o voceiro existen moitísimas problemáticas ás que darlle resposta dende a Xunta, que dende a alcaldía deberían terse formulado “descoñécense prazos para outra propostas de Javier Bas como o Patio  Cuberto do Colexio Santa Mariña ou a renovacion do Peirao de Cesantes”.
Recorda actuacións pendentes como a creación do terceiro xulgado para Redondela, medidas para a redución dos ruídos e insonorización no Viaduto a Pontevedra, os prazos definitivos para o Fogar Residencial de Cesantes, a dotación de pediatra no PAC Redondela ou as melloras na seguridade viaria na estrada que une Redondela con Amoedo, ao seu paso por Reboreda.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará