Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello concede axudas aos clubs deportivos por valor de 176.000 euros

RR_Noticias

A entidades que recibe a maior contía é a Sociedade Atlética Redondela (SAR) quen percibe 26.540 euros. Tamén con axudas superiores aos vinte mil euros está o Club Balonmán Chapela e o club deportivo Choco. O club de remo de Chapela, o Chapela Club de Fúbol, o RedondelaFS e o Campito son tamén outras entidades que reciben achegas superiores ou próximas aos dez mil euros.

O Concello de Redondela ven de publicar no BOP a concesión das subvencións aos clubs deportivos para participar en competicións oficiais e participar en eventos deportivos. O concello dotou unha partida orzamentaria de 188.000 euros e repartiu un total de 176.000 euros.
Ademais das entidades máis beneficiadas hai tamén outros deportes máis minoritarios que contan co apoio económico do concello como patinaxe, ciclismo, petanca, natación ou o club de tiro con arco Meigarco.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará