Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Afectados pola AP-9 reitera ante Fomento os compromisos do anterior goberno

RR_Noticias

O colectivo de afectados vén de remitir un escrito ao Ministerio de Fomento e Audasa reclamando o cumprimento das obras acordadas con respecto á ampliación da AP-9. Demandas entre as que se inclúen a eliminación da peaxe en Rande ou a realización das diferentes melloras e recuperación de camiños e servizos que se viron afectados polas obras de ampliación da autoestrada e que seguen sen seren reparados nove meses despois de que se abrira o terceiro carril da vía.

No escrito, que foi dirixido ao novo titular de Fomento, José Luis Ábalos, lembran “o compromiso en firme por parte do seu Ministerio co Concello e a Asociación de afectados de levar a cabo un investimento que roldaría os 6 millóns de euros” para a reparación e recuperación daqueles servizos que se viron afectados pola ampliación así como a inclusión de melloras que quedaran ao marxe do proxecto inicial como o ensanche da ponte de subida a Trasmañó e a instalación de pantallas acústicas anti ruido.
Recollen tamén outras demandas como a eliminación da peaxe en Rande. A apertura dunha saída da autoestrada na zona de Torres de Padín e que se manteñan as liñas de afección existente sen alterar as zonas de dominio público de Chapela
Unhas peticións que son tamén as reclamacións que levan a Asociación de veciños da parroquia a saíra rúa o sábado da vindeira semana, cando teñen convocada unha manifestación ás 19:00 horas dende Torres de Padín ata o ambulatorio de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará