Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio século de cultura na Biblioteca de Redondela

RR_Noticias

O 21 de setembro de 1968 inaugurábase a Biblioteca de Redondela. Un servizo que hai cincuenta anos estaba ubicado nos baixos do Concello e que chegou ter nese primeiro ano de vida un total de 325 socios, cifra que iría subindo ata os preto de 7.000 na actualidade. Para conmemorar esta data ao longo de todo o ano estanse a celebrar diversas actividades que inclúen campañas nas redes sociais, a lectura radiofónica “Mergullándonos nas ondas con Verne” e a busca dun nome co que bautizar a Biblioteca de Chapela.

“Unha honra contar cunha biblioteca que ten xa 50 anos de historia” así celebraba esta data histórica a responsable de cultura, Teresa París, na xornada na que oficialmente está de parabéns a Biblioteca Valle Inclán. E para celebrar tan importante data durante todo este 2018 están a desenvolver unha intensa programación que inclúe propostas como a campaña nas redes sociais á que xa se teñen sumado innumerables persoas fotografándose cun carné da biblioteca tamaño XL. Actividades tamén colaborativas con esta emisora, como a lectura radiofónica da obra de Verne “Vinte mil leguas baixo dos mares”. Tamén en marcha a posibilidade de bautizar a biblioteca de Chapela, para o cal débense facer propostas por rexistro achegando algún nome, a poder ser de muller, vinculado coa cultura e que non estea xa recoñecido no rueiro local. O prazo para facer achegas remata o vindeiro día 29. Unha programación que se completará coa charla “Unha ponte de libros Infantís” a cargo da xornalista e editora Teresa Zataraín quen afondará na figura da escritora Jella Lepman, e un acto institucional xa de cara a final de ano no que recoñecerán a persoas e institucións que teñen colaborado coa Biblioteca nestes anos de vida.  

Mª Elena Becerra responsable da Biblioteca
Lembra o que foron algúns dos datos salientables destes 50 anos
Teresa París edil de Cultura
recoñece que é unha honra contar cunha biblioteca con 50 anos
Actividades en marcha
Un intenso programa ao longo de todo o ano
Mª José Villar biblioteca de Chapela
Buscar un nome para a biblioteca do Piñeiral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará