A concellería de Medio Ambiente organiza para este sábado, día 20, unha ruta guiada polo litoral de Cesantes para dar a coñecer a importancia das algas nos ecosistemas mariños. Desde o uso como fertilizante, ata a súa riqueza culinaria na alta gastronomía. A saída está prevista para ás 10:30 na Punta de Cesantes.
A saída estará dirixida polo experto Marcelo Rodríguez, de Faia Educación Ambiental. Explicaralle aos asistentes o valor e a importancia dos diferentes tipos de algas que podemos atopar no noso litoral. O obxectivo desta ruta é fomentar o coidado e respecto dos ecosistemas mariños, explicar as consecuencias da constante retirada de algas nas praias e concienciar sobra a problemática da contaminación que chega ao mar. A actividade é de balde pero as prazas son limitadas, e é preciso inscribirse previamente nos teléfonos 986 400 300 / 698 142 025 ou no enderezo electrónico medioambiente@redondela.gal.