Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca Municipal de Redondela, premio María Moliner e “irmá” da biblioteca de Monçao

RR_Noticias

As bibliotecas de Redondela foron seleccionadas, por oitava vez, como beneficiarias dun dos premios María Moliner de Animación á Lectura pola súa campaña dentro da conmemoración do 50 animersario. Ademais veñen de poñer en marcha o proxecto Literaturas Irmás/Irmãs xunto coa biblioteca portuguesa de Monçao.

Os premios Malia Moliner concédeos anualmente o Ministerio de Cultura e Deporte, a Fundación Coca Cola e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O proxecto presentado polas bibliotecas de Redondela para este ano leva o título de “Que 50 anos non son nada” e xira ao redor das actividades realizadas neste ano en que as bibliotecas do municipio cumpren 50 anos de existencia. A Comisión de Valoración dos galardóns realizou a súa selección de entre 546 proxectos de toda España. Os seleccionados recibe un premio en metálico de 1.706 euros, financiado polo Ministerio de Cultura e Deporte, que será destinado á compra de libros para as bibliotecas. O proceso de selección leva a cabo segundo criterios como a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social que conteña a proposta. Literaturas Irmás/Irmãs O pasado mes de xullo tiña lugar unha xuntanza entre unha representación cultural do concello de Redondela e do concello lusitano de Monçao para poñer as bases da colaboración entre as bibliotecas dos dous municipios, dentro do Proxecto Literaturas Irmás/Irmãs. O 24 de outubro, Día da Biblioteca, iniciou a súa andaina este irmandamento cultural que pretende visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas, así mesmo ven a reforzar os lazos con este municipio do norte de Portugal que, desde o ano 2002 está irmandado con Redondela, en virtude, entre outros aspectos, do seu patrimonio inmaterial, representado polas festas da Coca. Os que se acheguen as bibliotecas redondelanas atoparán, cada tres meses, un novo centro de interés dedicado a unha figura destacada do panorama literario portugués, mentres que na biblioteca de Momçao os seus sus usuarios poderán disfrutar das obras dun creador galego. Os autores que inauguran esta actividade son José Saramago, na biblioteca redondelá, e Manolo Rivas na biblioteca de Monçao. Literaturas Irmás/Irmãs, que conta coa colaboración do Departamento de Normalización Lingüística, nace con vocación de futuro e de enriquecemento a través da incorporación de novas actividades ao longo do seu desenvolvemento. Literaturas Irmás/Irmãs visibilízase tamén nas redes sociais cun perfil propio na plataforma de Instagram, xestionada por Tania Lago, mentora do proxecto.

María Elena Becerra responsable das bibliotecas de Redondela
Amósase moi satisfeita con este galardón que permitirá a compra de novo material para as bibliotecas.
Literaturas Irmás/Irmãs
Os autores que inauguran esta actividade son José Saramago na biblioteca redondelá e Manolo Rivas na de Monçao.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará