Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Magosto reivindicativo e búsqueda do tesouro no “Castañazo aos contedores de Rande”

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, organiza este sábado día 17 unha actividade de xeolocalización GPS “para atopar o tesouro de Rande” dentro das actividades do magosto reivindicativo que celebran a partires das 16.30 horas na explanada do museo Meirande.

Como xa fixeran en anos anterios con magostos reivindicativos contra a cementeira de Vilar e a ampliación da AP-9, AER celebra este sábado un novo “castañazo”, nesta ocasións contra os plans da Autoridade Portuaria de instalar un almacén de colectores na explanada de Duches. Roberto Villar, membro de AER, convida a todos os veciños a participar nesta actividade e pasar “unha tarde de aventuras en busca de tesouros e de castañas. Para demostrar que a costa de Rande é un lugar cheo de tesouros “que non caben nuns colectores de mercadorías” poñen en marcha unha actividade de búsqueda do tesouro. Trátase dun “Xeocaching familiar”, un xogo no que percorrendo camiños e sendeiros do litoral de Rande os participantes acabarán atopando ” o auténtico Tesouro de Rande”. A búsqueda comezará ás 16.30 e é preciso inscribirse previamente no enderezo info@aeredondela.com, tamén chalecos reflectantes e un móbil con conexión a internet por cada grupo familiar ou de amigos. Ás 18:00 horas comezará o magosto reivindicativo, onde se fará unha exposición das intencións da Autoridade Portuaria de Vigo “e que afectan á vida da veciñanza e ao entorno natural, cultural e patrimonial da enseada de Rande”. Villar advirte que os intereses do porto de Vigo “non son os mesmos que os dos redondeláns”, e anima aos colectivos e veciñanza non só a opoñerse ao uso industrial da explanada de Rande, senón a “propoñer alternativas de uso para este espazo”.

Roberto Villar membro de AER
Magosto reivindicativo e búsqueda do tesouro no "Castañazo aos contedores de Rande"
"Xeocaching familiar"
Un xogo no que percorrendo camiños e sendeiros do litoral de Rande os participantes acabarán atopando " o auténtico Tesouro de Rande".
Alternativa aos plans do Porto
AER anima á veciñanza non só a opoñerse ao uso industrial da explanada de Rande senón a "propoñer alternativas de uso para este espazo".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará