Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña contra a suba da tarifa eléctrica en Pazos

RR_Noticias

O BNG de Pazos de Borbén celebra esta tarde un acto informativo sobre a suba do prezo da electricidade. Será na Casa da Cultura, ás 20.00 horas, coa participación o deputado por Pontevedra Luis Bará e o responsable local do Bloque, Xurxo Pardo Besadío. Presentarán a campaña contra a suba da luz e haberá unha recollida de sinaturas “para frear esta suba drástica sobre a enerxía que Galicia produce”.

Desde o grupo nacionalista explican que en Galicia a luz págase un 31% máis cara que hai oito anos, malia ser a pesar de ser unha comunidade produtora de enerxía eléctrica. No que vai de ano o aumento no recibo é dun 8,6% e Galicia pasará a ser o territorio que pague a factura da luz máis cara do Estado. Desde o BNG defenden a necesidade de cerar “unha tarifa eléctrica propia galega, a eliminación dos suplementos territoriais e unha baixada do IVE do actual 21% ao 4%”. Tamén demandan a creación dunha empresa pública galega que integre os encoros que remataron o período de concesión “co fin de garantir a subministración eléctrica a toda a poboación”. No acto, hoxe vernes ás 20 horas na Casa da Cultura de Pazos, Bará e Pardo denunciarán “o espolio a Galicia a a través da suba da factura da electricidade no País”. Neste acto presentarase a campaña contra a suba da luz e haberá unha recollida de sinaturas “para frear esta suba drástica sobre a
enerxía que Galicia produce”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará