Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un accidente entre un camión e unha furgoneta obriga a cortar a N550 a altura de Quintela

RR_Noticias

Malia o aparatoso do accidente, non se produciron feridos. O suceso ocorreu ás 8.20 horas cando o vehículo pesado circulaba en dirección a Redondela e colisionou co outro, que levaba dous ocupantes. Un dos condutores implicados deu positivo no test de alcol e drogas.

A Policía Local de Redondela foi a primeira en chegar ao lugar do suceso, onde despois colaborou cos equipos de urxencias sanitarias, protección civil, Garda Civil e os bombeiros do Porriño. Malia a espectacularidade do accidente, non houbo feridos, pero o carril de circulación en sentido O Porriño tivo que ser pechado ao tráfico para a retirada do camión e a limpeza da calzada. A consecuencia do impacto o camión quedou atravesado no vial e coa cabeza tractora sobre o valado, con risco de cair por un desnivel no arcén. A furgoneta resultou tamén moi danada aínda que ningún dos ocupantes dos vehículos sufriu danos. Segundo a policía local de Redondela, un dos condutores implicados deu positivo no test de alcol e drogas. Ata a zona despregáronse efectivos de urxencias e os bombeiros do parque comarcal do Porriño, que traballaban para atallar a fuga do depósito de combustible do camión para evitar máis vertidos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará