Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Érguete analiza coas familias o consumo do alcol entre os adolescentes

RR_Noticias

A psicóloga da asociación Érguete, Noa Pereiro, será a encargada de impartir unha charla en torno a adolescencia e determinados comportamentos de risco como son o  consumo de alcohol e drogas entre os máis novos. A cita desenvolverase hoxe luns ás 20:00 horas no Piñeiral do Crego en Chapela e mañá martes a mesma hora no Multiúsos da Xunqueira. Unha actividade organizada conxuntamente co Concello.

A charla pretende ser un espazo de encontro e reflexión da familias que teñen fillos adolescentes ou preadolescentes. Abordaranse cuestións tales como o establecemento de límites, cuestión moi problemáticas nesas idades, así como o consumo de alcohol e outras drogas. Un fenómeno que ten experimentado importantes cambios nos últimos anos, sobre todo porque cada vez os mozos e mozas achéganse a estas substancias a idades máis temperás, segundo explica Noa Pereiro. “Os propios adolescentes son conscientes de que nos botellóns cada día hai rapaces de menor idade”, engade a psicóloga quen apunta que estas situación derivan en moitos casos en comas etílicos, agresións e acoso. Reflexionar en torno a esta cuestión, analizar que poden ou deben facer os proxenitores para atallar estas situación problemáticas son algúns dos temas que se abordarán na charla tanto hoxe en Chapela como mañá no Multiúsos da Xunqueira.  

Noa Pereiro psicóloga
os cambios na relación entre proxenitores e fillos tamén ten consecuencias
Consumos máis temperás
Os mozos e mozas inícianse no consumo de alcol e drogas a idades máis novas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará