Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a García Lorca na estación de tren de Redondela

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un acto homenaxe aos poemas galegos de Federico García Lorca que vai ter lugar este xoves 20 de decembro ás seis da tarde na Estación de tren de Redondela. Continuará cunha charla no Multiúsos da Xunqueira ás 19:30 horas na que falará Henrique Alvarellos, editor do libro “El gran viaje de García Lorca” (2018). Esta actividade encádrase na primeira edición do Día de Lorca en Galicia.

Trátase dun acto de homenaxe aos seis poemas galegos de Federico García Lorca, o libro, publicado en 1935 por Ánxel Casal, leva un prólogo de Eduardo Blanco Amor. O acto dividirase en dúas partes. A primeira será na estación principal de trens ás 18h. Alí recitaranse os seis poemas en galego de García Lorca, escoitaremos unha pequena peza a cargo de Samuel Diz e posteriomente descubrirase unha placa que lembra o paso do poeta por Redondela na súa primeira viaxe a Galicia en 1916 e onde escoitou por primeira vez cantar un alalá con versos de Rosalía de Castro.
Despois, ás 19:30, no Multiúsos da Xunqueira haberá unha conferencia a cargo de Henrique Alvarellos, editor do libro “El gran viaje de estudios de García Lorca” (2018), que nos relatará a relación que o poeta granadino tivo coa cultura e cos intelectuais galeguistas. A continuación, Samuel Diz interpretará varias pezas en guitarra clásica a partir da obra de Falla, Bal y Gay, García Ascot e do propio Lorca, quen en 1916 era máis recoñecido como músico e pianista no canto de escritor e poeta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará