Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Troco de Xoguetes” nas antigas Casas dos mestres

RR_Noticias

O colectivo artístico ecoloxista “ArteLixo” realiza este sábado a partir das 17:00 horas unha nova actividade que busca concienciar da necesidade de reducir o consumo e reutilizar neste caso aqueles xoguetes que teñamos por casa e aínda estean en bo estado. Un troco de xoguetes nunha tarde festiva onde a ambientación musical correrá a cargo dos grupos Relámpago, Sete cuncas e Vento e non faltará o tradicional chocolate con churros.

Dende hai xa unha semana o colectivo está a recoller xoguetes no Multiúsos da Xunqueira, pero os que queiran trocar calquera brinquedo tamén poden levalo o propio sábado para facer así ese intercambio. Un mercadiño que servirá para darlle a eses xoguetes unha segunda vida na vez de que acaben no lixo. A activiade terá lugar no recindo das antigas casas dos mestres na Avenida Mendiño. O colectivo organizou a xornada como unha tarde de festa, pero tamén de reflexión nestas datas de consumo masivo: unha aposta por compartir e reciclar. Dende as cinco da tarde comezará o troco dos xoguetes, arroupados pola música e polo sons dos grupos “Relámpago”, “Vento” e os “Sete Cuncas” aos que se pode´ran sumar os que se vaian animando. Comezo da campaña para o CD do “ArteLixo” Dende o “ArteLixo” abren tamén unha campaña de crowfunding de cara a obter fondos para gravar o CD do “ArteLixo” con grupos e artistas da contorna e temas onde se reflexione sobre o lixo e o medioambiente. Coa idea de editar estes disco desde o próximo sábado porán á venda os vales por dez euros cos que se pode reservar o disco e, de paso, colaborar a que o proxecto se poida levar adiante.  

Fon Conde Artelixo
Unha tarde de festa e de troco
Gravación do CD
Poñen en marcha unha campaña de crowfunding

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará