Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A cabalgata de Reis repartirá 2.400 kilos de caramelos

RR_Noticias

O tráfico pecharase no centro urbano a partir das 18:00 horas para permitir o paso das catro carrozas que este ano conforman a Cabalgata de Reis en Redondela e que sairán ás 18:30 horas dende o convento de Vilavella. Como novidade o “chocochú” tamén conformará esa comitiva e levará a algúns dos 125 nenos que participan do desfile. En Cedeira Gaspar, Melchor e Baltasar chegará aos centro recreativo a cabalo e en Chapela as Súas Maxestades visitará xa as catro da tarde o Centro Cultural de Cidadelle.

Os Reis Magos chegarán a Redondela na tarde do sábado nunha cabalgata formada por 4 carrozas que sairán ás 18:30 horas dende o Convento de Vilavella. Por este motivo, ao redor de media hora antes pecharase ao tráfico o centro urbano dende a praza de Ribadavia ata a saída en Santa Mariña. A cabalgata percorrerá o centro da vila ata o campo da feira lugar no que dará a volta. No seu percorrido lanzará a grandes e pequenos un total de 2400 caramelos.   Os Reis Magos chegarán a Cedeira cabalgando Un ano máis o Centro Cultural de Cedeira organiza a tradicional cabalgata de Reis prevista para as 18:00 horas do sábado. Melchor, Gaspar e Baltasar achegaranse a sede do Centro a cabalo e no seu percorrido irán repartindo caramelos entre os cativos. Haberá tamén algún pequeno agasallo para os nenos e nenas que se acheguen ao lugar.   As Súas Maxestades de Oriente percorrerán tamén as rúas de Chapela Os actos, organizados dende o Cïrculo Cultural Recreativo de Chapela arrancarán ás 16:00 horas coa visita dos Reis ao Centro Cultural de Cidadelle. A continuación realizarán un percorrido  pé pola Avenida de Redondela, nas inmediacións do centro de saúde, repartindo caramelos. Os Reis subirán as súas carrozas no Alto da Encarnación dende onde partirá a cabalgata as seis da tarde pola Avenida de Vigo ata a zona de Catro Pontes. Unha vez finalizada a comitiva dirixirase ao Círculo Cultural Recreativo de Chapela onde terá lugar a recepción oficial.   Obradoiros en Arcade En Soutomaior as actividades para os cativos na xornada do sábado arrancarán ás 11:00 horas con obradoiros na Alameda de Talo Río. Pola tarde haberá un espectáculo de Nadal dende as 16:30 ata a chegada dos Reis Magos que está prevista para as seis da tarde.   Festa infantil e chocolate en Pazos de Borbén No Concello de Pazos a recepción terá lugar ás 16:00 horas na Casa Consistorial, onde os pequenos poderán entregar persoalmente as súas cartas e petición aos Reis Magos. Trala recepción terá lugar unha festa infantil con animación, xogos e música. Para finalizar, os asistentes poderán gozar do roscón de reis acompañado de chocolate quente.    

Miguel Ángel Álvarez alcalde en funcións
A cabalgata obrigará a pechar o tráfico
Carrozas e chocochú
participarán na comitiva 125 nenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará