A policía nacional investiga un incendio rexistrado a pasada madrugada no baixo dunha vivenda que se producía onte na Avenida de Redondela en Chapela, case no límite con Vigo. O incendio iniciábase ás catro da madrugada e propagábase con gran rapidez o que fai pensar en que se puidera ter empregado algún tipo de acelerante.
O fume afectou a outras estancias da vivenda e os bombeiros que traballaron no lugar observaron risco de derrube. Na casa vive unha moza que non estaba no momento do incendio, pero sí había unha cadela que foi atopada morta polas bombeiros, posiblemente intoxicada polo fume. A sospeita de intencionalidade levaron a abrir unha investigación por parte da Policía Nacional.