Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres accidentes con feridos en Redondela

RR_Noticias

Tarde moi movida a vivida polos axentes da policía local este xoves con tres accidentes en diferentes puntos do concello que deixaban ademais varios feridos de carácter leve. Un sinistros que deixaban tmaén retencións tanto na Avenida de Vigo en Chapela como na N-552 a altura de Bolero, onde se producían dous dos accidentes.

A primeira das colisión tiña lugar ás 15:00 horas en Chapela nas inmediacións da Alameda Rosalía de Castro, Por causas que se descoñecen unha condutora perdía o control do seu vehículo colidindo contra outros que se atopaban estacionados e resultando ferida a consecuencia do impacto.  
Xa no centra da vila ás 18:40 producíase tamén outra colisión na rúa Loureiro, nesta ocasión sen ferido, cando colidían dous turismo.
A policía Local interviña tamén nun terceiro accidente ás 20:00 da tarde, nesta ocasión o sinistro producíase a altura do local Bolero, na N-552 a consecuencia dun choque frontal entre unha furgoneta e un turismo. Ademais dos axentes da local desprazábase tamén ao lugar unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará