O Concello de Redondela convoca aos veciños a esta xuntanza que terá lugar o venres ás 20:00 horas e na que se abordará a situación actual da peaxe en Rande así como as liñas de actuación e a folla de ruta que se pretende seguir de cara a lograr que se elimine este cobro na autoestrada. O obxectivo é conseguir que “Fomento cumpra o seu compromiso da retirada da peaxe inxusta de Rande-Cabanas”.
Explican dende o Concello que Redondela leva anos soportando as infraestruturas que dan soporte a Vigo, sendo atravesados por nacionais, autoestradas e liñas de ferrocarril, que levan aparelladas un empeoramento das condicións de vidas dos nosos veciños sen recibir contrapartidas.
Por outro lado, “estamos a soportar o agravio comparativo con respecto ao Morrazo, xa que os seus veciños cruzan a ponte de Rande de xeito gratuíto mentres que Redondela ten que pagar unha das peaxes máis caras de España”.
Na reunión de mañá abordaranse as medidas a adoptar de cara o futuro, logo de que se acordase recoller sinaturas contra a peaxe e se busquen novas medidas de presión co obxecto de lograr entre todos “que Fomento cumpra o seu compromiso de eliminar a peaxe”.