As datas da exposición serán do 21 ao 27 de abril. Durante esa semana Redondela volverá converterse nun museo ao aire libre no que esculturas e obras de arte efémeras ocuparán rúas e prazas do casco urbano. Como escenarios alternativos súmase á esta iniciativa o paseo de Cardona en Chapela e nesta edición farase unha incursión especial á parroquia de Cesantes co obxecto de concienciar sobre o lixo que acaba nos nosos mares e costas.
O colectivo Artelixo ten xa a disposición de todos os interesados as follas de inscrición para participar nesta nova edición do artelixo que se celebrará na última semana de abril. Durante a semana que dura o evento, diversos colectivos, centros escolares e artistas locais e foráneos enchen as rúas, prazas e escaparates de Redondela de esculturas e outras obras de arte, fabricadas a partires de materiais de refugallo e lixo.
Desta volta e como novidade, o Artelixo fará unha incursión na parroquia de Cesantes polo que suxiren como temática especial o mar.
As persoas ou colectivos interesados en participar poden xa facer a súa inscrición a través do enderezo artelixoredondela@gmail.com