Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños esixen o arranxo dos camiños que comunican a parte alta e a parte baixa de Chapela

RR_Noticias

“Os accidentes son continuos tanto de peóns como de vehículos debido ao mal estado que presentan estes camiños”. Así o denuncian os veciños que na mañá de hoxe entregaron máis de 500 sinaturas no rexistro do Concello para reclamar que se acometan obras de mellora nos camiños do Penisal, Ánimas, Subido e Formiga. Dende o goberno comprometéronse a investir neste arranxo 8.000 euros “pero non nos dan prazos e ademais parécenos unha cantidade insuficiente para mellorar o estado no que se atopan estes catro viais”.

Acompañados de representantes da Asociación de Veciños fixeron entrega hoxe do medio milleiro de sinaturas recollidas ao longo das últimas semanas coas que queren reivindicar que se acometan arranxos nestes camiños que comunican a parte alta e baixa da parroquia. Aseguran que esta é a quinta vez que se dirixen ao concello con estas demandas que pasan porque se arranxe o firme, se coloquen valados de protección naqueles lugares onde sexa necesario, se canalice a auga e se adopten medidas en canto a circulación de vehículos que eviten os accidentes. Ademais de posibles obras solicitan medidas en canto á circulación viaria como poida ser establecer a circulación en sentido único “dado que en moitos tramos destes camiños son tan estreitos que impiden o paso de dous coches á vez” ou que se regule o seu paso con semáforos. Malia asegurarlles dende o concello que xa hai unha partida de 8.000 euros asignada a arranxar estes camiños parécelles unha cantidade insuficiente. “Ademais xa nos dixeron que se ían investir eses cartos hai tempo e polo de agora non vemos que se acometan as obras”.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Denuncia a perigosidade destes viais
Regular o tráfico
Sentido único ou colocación de semáforos
Ángeles Méndez AVV Chapela
Uns 8.000 euros que non chegan

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará