Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Antonio Queija para pechar o I Ciclo de piano de Redondela

RR_Noticias

Chega ao seu remate o ciclo de piano organizado polo Concello de Redondela co obxecto de poñer en valor o novo instrumento adquirido polo consistorio así como dar a coñecer a composición pianística galega. Será con dúas citas musicais, a primeira unha master class que Paula Ríos ofrecerá neste venres no Conservatorio Víctor Ureña e xa o sábado, clausurará o programa a actuación do cubano Antonio Queija cun concerto no Multiúsos ás 19:30 horas.

Unha iniciativa que parte dende o Servizo de Normalización Lingúística e que busca dar a coñecer aos grandes compositores da música galega, “non sempre ben coñecidos nin debidamente recoñecidos polo público de Galicia”. Neste sentido, a figura que inaugurará esta primeira edición é Marcial del Adalid, un dos pioneiros na introdución do romanticismo musical en Galicia e no resto de España. Dentro das actividades programadas, este venres 25 de outubro o alumnado do conservatorio poderá gozar dun concerto da pianista Paula Ríos, presentada por Carolina Queipo. Centrará o seu repertorio en Adalid, Bellini, Clara Wieck-Schumann e Fanny Mendelssohn. O sábado e aberto a todo o público que queira achegarse Antonio Queija ofrecerá un concerto ás 19:30 horas. Unha actuación presentada por Margarita Viso na que o cubano de orixe galega,  presentará un repertorio con pezas de Xoán Montes, Pascual Veiga, Baldomir e do propio Adalid.  

Xurxo Martínez Normalización Lingüística
Master class no conservatorio
Concerto de clausura
Antonio Queija actuará no Multiúsos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará