Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar veciñal pola organización dunha festa de Samaín na Illa de San Simón

RR_Noticias

“Ruta guiada, cea na illa e unha actividade de aventura escalofriaaaante! Lembra traer o teu disfraz” así anuncia a empresa Nabia naviera unha proposta de cara a noite do vindeiro 31 de outubro. Unha iniciativa que chega dende unha empresa privada que ten provocado xa reaccións dos veciños que amosan o seu rexeitamento a que este espazo se empregue para este tipo de actos que, entenden, van en contra do respecto que merecen as vítimas da represión franquista.

Dende o BNG súmanse tamén a estas críticas e dende esta formación o parlamentario galego Luis Bará critica que este tipo de propostas sexan produto da decisión da Xunta de “privatizar a Illa de San Simón” o que da lugar a que as empresas privadas organicen “safaris e festas que maltratan a memoria das vítimas da represión franquista”. Lembra Bará, autor do libro Non des a esquecemento. Relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade, no que recolle tamén a memoria dalgún dos presos de San Simón e dos sucesos que alí aconteceron dende o 1936 ata o 1943, que se trata dun espazo que foi cárcere durante o franquismo e no que morreron moitos presos e que actos coma estes supoñen un “desprezo ás vítimas e un acto de frivolidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará