A Asociación de veciños de Chapela convida á cidadanía a participar dunha actividade gastronómica e festiva que se vai desenvolver este sábado ás 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Haberá carpa, mesas e como non, castañas nun magosto no que participan diferentes grupos de música, baile e teatro.
O contacontos “O censor dos monstruos” a cargo da empresa de animación Barafunda será a proposta para o público infantil nunha tarde na que actuará o grupo de baile e as pandereteiras de Anaquiños así como o grupo de gaiteiros de Froles Mareliñas. Haberá tamén outros estilos coa música pop rock de keisi Nait.
Un magosto organizado polo colectivo veciñal que conta coa colaboración do Concello e a Deputación de Pontevedra e que quere ser un día de convivencia cos veciños e veciñas para degustar castañas, chourizos e viño.