O ciclo que organiza a Concellería de Cultura inclúe un total de sete representacións que se van realizar nos vindeiros meses. A primeira proposta é este mesmo domingo coa compañía Viravolta Tíretes. Todas as funcións desenvolveranse no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas e teñen un prezo de 3 euros.
A compañía Viravolta Títeres porá en escena o domingo no auditorio da Xunqueira o clásico Peer Gynt, na adaptación de Henryk Ibsen coa música de Edvard Grieg. Un espectáculo de monicreques protagonizado por Peer Gynt é un mozo fantasioso, aventureiro e un pouco preguiceiro que quere marchar da aldea na que vive para facerse rico e converterse no Rei do Mundo. A súa nai Ase, farta das queixas que lle dan os veciños, e a súa paciente noiva, Solveig, queren refrear as súas ansias de aventura… sen moito éxito.
Só a través duns estraños soños Peer Gynt acada a comprender que as súas ambiciosas intencións non lle traerán máis ca problemas e finalmente decide quedar coa fermosa Solveig na aldea para sempre.
As próximas actuacións correrán a cargo de Tanxarina coa súa Galiña Azul (17 novembro), os Contos do recreo de Redrum Teatro (15 decembro), Elefante Elegante e os espectáculo Patapatum (26 xaneiro) a proposta musical de Magín Blanco con A nena e o grilo máis aló (2 febreiro), Baobad teatro coa Mai Mai (15 marzo) e pechará o ciclo Fantoches Baj e a obra os golfiños e o xigante (12 abril).