Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xente Titiriteira confía en salvar esta edición do festival de títeres co seu adiamento a setembro

RR_Noticias

A crise do coronavirus obrigaba a dirección do Festival Internacional de Títeres de Redondela a buscar novas datas para a súa celebración. A decisión de programalo entre o 1 e o 6 de setembro responde a diversos condicionantes: dar tempo a recuperarnos das crise sanitaria e facelo coincidir con outro festival de referencia, o de Segovia, localidade coa que se coordinan as compañías internacionais. Con todo, houbo que sacrificar a edición escolar.

O sector cultural, como tantos outros, está a verse afectado de cheo pola situación actual. Un sector que é consciente de que lle vai custar máis ca outros recuperar a normalidade “non se pode saber cando volverán as actuacións en teatro e auditorios nos que se reúnen centos de persoas”. Previsiblemente terá que pasar un tempo dende o fin do confinamento ata que os espectáculos poidan volver as salas. Neste sentido confía en que no mes de setembro xa se poida falar de certa normalidade e, malia que xa se sacrificou a sesión escolar, o obxectivo é volver encher as rúas e prazas da vila de monicreques, espectáculos itinerantes, música e festa. Lamentan obviamente que “a que ía ser a edición máis internacional do festival con compañías chegadas de Chile, Arxentina, Italia ou incluso do continente africano” tivera que ser cancelado “e quede agora toda esa programación a expensas das dificultades de mobilidade e de calendario que todas estas compañías poidan ter de aquí a cinco meses”.  

Luis Crespo director do Festival
A data elixida responde a varios condicionantes
Confía en que a situación se recupere
Celebramos o día de teatro sen teatro nas salas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará