O Concello de Soutomaior vén de poñer en marcha o mecanismo para a distribución gratuíta de máscaras de protección para persoas maiores de 70 anos e a outros colectivos de risco que como os que padezan problemas respiratorios ou cardíacos. Tamén forneces aos empregados dos comercios abertos que deben atender ao público.
Segundo explican desde o Concello de Soutomaior, as máscaras distribuiranse nas parroquias de Soutomaior e de Arcade segundo se acordou coas oficinas de farmacia. Van destinadas a ofrecer unha protección barreira e a diminuír o risco de contaxio cando exista imposibilidade de manter distanciamento social. Así mesmo o Concello de Soutomaior fornece a todos os comercios que permanecen abertos no municipio segundo o regulamento que establece o decreto do estado de alarma. Estas máscaras distribúense de maneira gratuíta para que sexan usadas polos empregados na súa atención ao público.