Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“O noso reto é que os alumnos sigan na casa o proceso de aprendizaxe durante estes meses”

RR_Noticias

José Antonio Martínez, director do IES Mendiño, explica que este último trimestre o profesorado centrarase no repaso e reforzo de contidos “para que ningún alumno se vexa perxudicado pola crise sanitaria do COVID-19”. Nestes días están a contactar coas familias para poder adaptar o ensino ás súas posibilidades, en función de se teñen equipamento para seguir aulas virtuais ou non.

A falta de equipamento informático e conexión a internet nalgúns fogares fai máis complicado este obxectivo, polo que os mestres teñen que adaptarse a situación de cada alumno. Nalgunhas parroquias teñen problemas co ancho de banda, o que dificulta o ensino con aulas virtuais. Noutros casos as familias non contan con ordenador, ou deben compartilo. Desde o instituto están a recompilar os medios dos que dispón cada alumno, para poder adaptar o ensino ás súas posibilidades. Os tres ordenadores portátiles cos que conta o centro foron cedidos a tres alumnos de 2º de Bacharelato que non contaban con este equipamento para poder preparar as probas de ABAU, que se celebran en xullo. No caso doutros alumnos, o centro facilítalles os traballos impresos en papel, coa colaboración do Concello. O reto de aprender na casa As aulas pecháronse o pasado 13 de marzo, e todo apunta a que non volverán a abrirse ata o próximo curso en setembro, o que supón seis meses sen clases presenciais. O obxectivo do profesorado é que os alumnos poidan seguir durante todo este tempo o proceso de aprendizaxe desde a casa “o que supón un gran reto” para os centros. Desde a Consellería estableceuse que durante o tempo que queda de curso o profesorado se centro no repaso e reforzo de contidos, para que a crise sanitaria do COVID-19 non supoña un prezuíxo para ningún alumno.

José Antonio Martínez director do IES Mendiño
Desde o centro están a contactar coas familias para poder adaptar o ensino ás súas posibilidades en función de se teñen equipamento para seguir as aulas virtuais ou non.
A fenda dixital
Nalgunhas parroquias teñen problemas co ancho de banda o que dificulta o ensino con aulas virtuais. Noutros casos as familias non contan con ordenador ou deben compartilo.
O reto de aprender na casa
Para Martínez o reto é que os alumnos poidan seguir desde a casa o seu proceso de aprendizaxe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará