Os camposantos municipais abrirán novamente ao público o próximo luns, 11 de maio. A decisión adoptada polo goberno local cínguese ao marcado no “Plan de transición cara a unha Nova Normalidade” do Goberno central no referente á apertura dos lugares de culto.
O Concello de Redondela fixo tamén un chamamento “á responsabilidade dos veciños e veciñas á hora de evitar aglomeracións”, responsabilidade que “quedou máis que demostrada durante este tempo de confinamento e no que a gran maioría da cidadanía, agás excepcións puntuais, tivo un comportamento exemplar”.