Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afaga considera que a reapertura dos centros de Alzheimer debe ser prioritario

RR_Noticias

Despois de dous meses, os centros asistenciais continúan pechados. Aínda que están a dar apoio e servizo aos seus usuarios e familiares a distancia e con visitas a domicilio, advirten que estamos a falar de persoas moi vulnerables ás que o confinamento lles afecta especialmente pola falta de mobilidade, o cambio de rutinas e o cese nas terapias.

“Situacións tensas e familias sobrepasadas” é o que se está a atopar a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (AFAGA) nestes dous meses de confinamento. Un sector da poboación que se está a ver especialmente afectado polo cambio de rutinas, a soidade, a falta de mobilidade e a incomprensión da situación que estamos a vivir. Pacientes que en moitos casos están a ser atendidos polos familiares que se están a ver desbordados o que produce, segundo explica o presidente da asociación, Francisco Castro Rodríguez, a aparición de situacións tensas e de ansiedade que non saben como xestionar
Para axudar aos enfermos de Alzheimer e aos seus coidadores, AFAGA puxo en marcha distintos programas a distancia e a domicilio. Incrementaron o número de voluntarios que axudan aos maiores en tarefas básicas como ir á compra pero tamén desenvolven programas de seguimento para a prevención da demencia e para a asistencia psicolóxica de familiares e doentes. Ademais de terapia grupal por videoconferencia e o seguimento a través de chamadas aos usuarios dos centros de día.
Malia todo, considera que debe ser unha prioridade que se reabran canto antes os centros de atención porque o confinamento está a supoñer un deterioro notable na saúde dos usuarios, nun momento en que os familiares empezan a reincorporarse aos seus traballos e non teñen con quen deixar aos doentes . Unha reapertura dos centros, que están a estudar para facelo con todas as garantías sanitarias para os traballadores e usuarios. Están a elaborar un protocolo de actuación no que se establecerán as pautas a seguir e a posibilidade de traballar con sistemas combinados de intervención entre o domicilio e o centro.
Unha asociación, AFAGA, que está pendente de renovar os programas de actuación en Redondela e que dá servizo a concellos como o de Vigo, Mos, Tui, Porriño, Ponteareas ou Salceda.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará