Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mulleres de Soutomaior confeccionan e reparten 8.000 máscaras

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior agradece a solidariedade na loita contra o Covid-19 das 42 mulleres que durante as últimas semanas traballaron arreo para confeccionar un total de 8.000 máscaras. Un traballo “incansable e totalmente altruísta” deste grupo de voluntarias o que permitiu que moitos veciños tanto dos cascos urbanos da localidade como dos barrios do rural, conten con esta medida de protección tan demandada nestes tempos.

As máscaras de protección foron elaboradas con material hixiénico TNT (teas non tecidas) e buscan “evitar contaminar ás persoas que temos próximas”. Tras o seu uso diario recoméndase o seu lavado a 60º para a súa maior desinfección.
Tras a súa confección e antes de seren entregadas, cada unha foi lavada e desinfectada de maneira que se garanta a seguridade no seu uso.
As primeiras remesas desas máscaras están a repartirse entre os veciños, tanto dos cascos urbanos de Soutomaior e Arcade como dos barrios do rural.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará