Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Normalización anima a gravar vídeos cos nosos maiores para celebrar o Día das Letras

RR_Noticias

As persoas de maior idade son as que atesouran na súa memoria as historias e as lendas do pasado. Co obxecto de que ese patrimonio non se perda dende Normalización Lingüística poñen en marcha a campaña “Con acento e coñecemento” coa que animan a enviar un minivídeo no que os maiores falen da vida de antes. Un documentos que será compartido nas redes sociais.

A gravación debe durar entre 1 e dous minutos e nela o protagonista relatará aquela historia que desexe e que pode ser un conto, unha lenda, xogos, adiviñanzas. Explican dende Normalización Lingüística que o obxecto da iniciativa é recuperar e dar a coñecer todas esas historias da parroquias que poden xirar en torno aos ritos das romarías, os mouros dos castros, as lendas do mar…
A proposta busca tamén que sexan os cativos e cativas os encargados de realizar a gravación e que o envíen ao enderezo normalización@redondela.gal
Un xeito diferente de celebrar este Día das Letras que se conmemora o vindeiro 17 de Maio e que maioritariamente será a través de diferentes propostas nas redes sociais, xa que o groso das actividades en torno a Carvalho Calero, escritor homenaxeado este ano, terán lugar no mes de Outubro, logo de que así o acordase a Real Academia Galega ante a imposibilidade de realizar actos con público a día de hoxe por mor do coronavirus.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará