Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Millo Verde tamén cae: o coronavirus obriga a suspender o festival de música alternativa

RR_Noticias

Unha decisión máis que previsible a que esta mesma semana tomaba a asociación Millo Verde. Sigue así este festival a mesma sorte que o resto de eventos que se deberían realizar nas vindeiras semanas en Redondela e que a pandemia obriga a cancelar. Dende a organización confían en poder realizar algún evento de menor entidade de cara a outono, pero suspenden ata o vindeiro ano o festival que estaba previsto celebrar entre o 31 de maio e o 6 de xuño en Cesantes.

Unhas datas nas que deberíamos atoparnos xa na fase 2 da desescalada o que permitiría a realización de eventos ao aire libre de menos de 400 persoas. Un aforo que os organizadores do Millo Verde entende insuficiente para un festival que adoita congregar milleiros de persoas. Ante esta situación deciden finalmente suspender esta cita musical que celebraba este ano a súa XIV edición e cuxo cartel estaba practicamente pechado cando se precipitou o Estado de Alarma.
“Falamos cos grupos que ían vir este ano e confiamos en que, aló menos os cabezas de cartel, poidan participar na edición do 2021” explica Tito Acuña quen aínda así mantense cauto sobre o que poida acontecer a un ano vista.
No caso de que a situación sanitaria mellore, valoran tamén a posibilidade de facer algún evento musical de cara a outono con grupos máis próximos xeograficamente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará