Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Carlos Castro gaña o certame de debuxo da Deputación na categoría de 6 anos

RR_Noticias

O concurso infantil levaba por título “O que ves dende a túa xanela” e foi ocnvocado pola Deputación de Pontevedra nos días do confinamento animando aos máis cativos a participar enviando as súas imaxes online. Carlos foi merecedor do premio na categoría de seis anos, sendo tamén galardoados Martina Contreras (11), Manuel Lemos (13) e Adriana Eugenio Rivas (13) gañaron o certame que está premiado con visitas guiadas ao Castelo de Soutomaior ou pola ruta do Viño Rías Baixas.

O concurso de debuxo infantil online “O que ves desde a túa xanela”, convocado pola Deputación de Pontevedra nos días do confinamento, xa ten dúas gañadoras e dous gañadores. O xurado do certame destacou a calidade e variedade dos debuxos presentados e que todos “transmitían positivismo, alegría e cor”, feito que fixo moi difícil a elección final, na que se valorou especialmente a orixinalidade e calidade.
Na primeira categoría, de 3 a 6 anos de idade, o gañador foi Carlos Castro García, de seis anos e do concello de Redondela, pola súa obra “A nosa Ría o meu fogar”, na que amosou “a súa creatividade, expresividade e colorido”. O xurado valorou que é un debuxo moi ben executado tendo en conta a súa idade , ao que incorporou diversos elementos característicos das Rías Baixas. Carlos recibirá como premio unha visita guiada polo Castelo de Soutomaior e poderá participar no xogo “Detectives no Castelo”, en compañía da súa familia.
Na segunda categoría, de 7 a 11 anos, resultou premiada Martina Contreras Lorenzo, de 11 anos e veciña de Vigo e, por último, o excelente nivel dos traballos da terceira categoría (de 12 a 14 anos) motivou que o tribunal decidise como máis xusta a selección de dous premiados, que poderán desfrutar xunto á súa familia dunha experiencia pola Ruta do Viño Rías Baixas. Trátase de Manuel Lemos Peixoto, de 13 anos e de Nigrán e Adriana Eugenio Rivas, tamén de 13 anos e do Concello de Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará