Jacobo e Marcos Montes vivirán a próxima temporada a súa primeira aventura lonxe de casa. Será en terras salmantinas para adestrar ao Guijuelo de Segunda División B, logo do seu paso polo Coruxo e o Celta B. De manterse a distribución actual dos grupos, os redondeláns non se enfrontarán aos seus antigos equipos.
O Guijuelo anunciou onte a fichaxe dos Montes, con Jacobo como primeiro adestrador e Marcos como segundo. Repetirán así o dúo que comezaron no Coruxo e que reeditaron despois no Celta B a pasada temporada, ata que foron destituídos no mes de xaneiro do filial celeste, cando ocupaba postos de descenso. Desde o o club salmantino destacan que os de Redondela “afrontan a súa experiencia no banco guijuelense como un reto persoal para seguir crecendo”. A súa aposta polo fútbol ofensivo e o amplo coñecemento da categoría, foron clave para que Jorge González “Astu”, director deportivo do club, se decidise pola súa contratación. O Guijuelo acabou a tempada na novena posición do grupo 2. Será a primeira experiencia dos Montes lonxe da casa. Ademais dos equipos vigueses de Segunda B, adestraran en anteriores etapas ao Choco en Terceira División, onde acadaron por separado cadasúa fase de ascenso. De manterse a actual distribución dos grupos, os Montes non se medirán aos seus exequipos. Con todo, toma forza que a reestruturación da categoría, con 100 equipos divididos en cinco grupos de 20, que se desdobrarán en dous subgrupos de 10. De darse o caso, por proximidade, podería darse o caso de o Guijuelo se cruzase co Coruxo e Celta B.