Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xuvenil de División de Honra do Choco perfila o equipo

RR_Noticias

A última incorporación confirmada é a de Jú. O xogador guineano chegou a pasada tempada a Redondela para reforzar o equipo de Alberto Suárez, pero aínda non puido debutar coa elástica choqueira. Súmase a outras renovacións e fichaxes confirmadas como as de Iván Porto, Pedro Pérez, Brais Acuña, Víctor Alonso ou Javier Labrada.

Ivaldine Da Silva Pereira Pinto, deportivamente coñecido como Jú, chegou directo de Guinea-Bisau a pasada tempada como reforzo do equipo xuvenil para conseguir o ansiado ascenso a División de Honra. Pero o seu soño non se fixo realidade ao completo pois os temas burocráticos arranxáronse xusto na semana que se decretou o estado de alarma pola pandemia do COVID-19 e Ivaldine non puido debutar co equipo, malia que si se integrou perfectamente no vestiario e entregouse ao máximo en cada adestramentos e tamén alentando ao equipo desde as bancadas nos partidos. Peza importante no equipo, Alberto Suárez non dubidou en contar con el para a seguinte tempada, como tampouco o fixo o xogador que desexa completar o seu soño debutando coa camiseta choqueira. Sabe que os seus propios compañeiros non llo porán fácil, xa que todos loitarán por gañar un posto no equipo. Afirma ter “moitas gañas” de volver adestrar, pero aínda non hai data para que comece a competición. O equipo non está pechado aínda, aspecto no que seguen traballando Alberto Suárez, Pablo Couñago e Hugo Álvarez. Polo de agora están confirmadas a renovación de Brais Acuña e as fichaxes Pedro Pérez e Víctor Alonso, procedentes do Valladares, Javier Labrada do Celta e Iván Porto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará