Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os clientes regresan ás prazas de abastos

RR_Noticias

Logo do éxito da campaña realizada polos mercados municipais co servizo de compras a domicilio, os clientes regresan aos poucos á praza de abastos tanto de Redondela como de Chapela. Nos meses de confinamento os vendedores conseguiron manter as vendas xa que, se ben baixou a facturacións polo peche da hostalaría, o consumo nos fogares dos produtos frescos incrementouse. Unha clientela que volve agora a realizar a compra presencial “porque prefire ver o produto”.

Frutas Rosi é un dos postos que funciona na praza de Redondela e que durante estas últimas semanas realizou boa parte das súas vendas a través de encargos “vía teléfono ou vía wassap”. O seu propietario, José Veiga, explica que os clientes preferían quedar na casa e evitar así o risco de contaxio. Nese escenario todos os vendedores decidiron  poñer en marcha a venta telefónica e a entrega a domicilio dos seus produtos. Unha iniciativa que tivo moi boa acollida entre os clientes, que recibían na súa casa froita, verdura, carne e peixe frescos e de calidade. Pasada a “fase dura” da pandemia, a situación vaise normalizando e os usuarios destes mercados regresan a facer a compra persoalmente sabendo ademais que se extreman as medidas sanitarias.
Botes de hidroxel e máscaras obrigadas son as dúas medidas que se impoñen nestes mercados como no resto de establecementos, unhas máscaras que son é o que peor leva Veiga quen recoñece que dificulta un pouco a comunicación co cliente pero que entende e imprescindible para previr contaxios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará