Os usuarios da Piscina Municipal de Redondela poderán facer uso destas instalacións a partir da próxima semana con limitacións de aforamento. A empresa Serviocio confirmou a reapertura do centro deportivo municipal redondelán este luns, día 22. A piscina de Chapela, xestionada por Aqualia, volverá á actividade o vindeiro xoves, día 25.
As concesionarias marcaron circuítos no interior para garantir as distancias de seguridade entre os usuarios, que deberán acceder con máscara ás zonas comúns. As máquinas dos ximnasios colocáronse separadas co mesmo motivo. Os abonados de Redondela poderán facer uso da app de Serviocio para reservar horarios e manter así o aforamento que os decretos estatais marquen en cada momento.